sábado, 15 de diciembre de 2012

Algo está pasando!!!!

A Charanga BB+  quere agradecerlle a familia Nodar Picón, e a comisión de festas de Santa Eulalia de Vigo, por contar con nos para amenizar o seu día de festa



Algo está pasando!! Estamos desenrolando un novo proxecto que en días sacaremos a luz e esperamos que sexa do voso agrado!!!


Agradecer a todas as persoas que día a día confían en nos para formar parte das suas festas, persoas que nos axudan e nos dan ánimos para seguir adiante.... moitas gracias!!



Un saúdo a tod@s

Charanga BB+

MAGIC TOUR 2013
Donde los sueños se hacen realidad..... Comienza el ESPECTACULO!!!!!


miércoles, 26 de septiembre de 2012

Festas en Nemenzo!!!!!

     Moi boas charangueir@s!!



 Este sábado día 29 estaremos amenizando as festas de Santa Cristina de Nemenzo, no Concello de Santiago de Compostela.

Comezaremos as 10:30 cun pasarrúas para posteriormente ofrecer unha sesión vermouth do máis animada ata, aproximadamente, as 14:00.


Esperámosvos a tod@s!




Informarvos tamén de que en moi poucos días estará dispoñible a nova páxina web da Charanga BB+. Poderédela visitar en http://www.charangabbmas.com/


Un saúdo

Charanga BB+

jueves, 13 de septiembre de 2012

Festas en Sigüeiro!!


                   Volvemos de festa en festa por Sigüeiro!!!



        Este domingo día 16 de Setembro, estaremos amenizando as festas na honra a Sta. Eufemia en Sigüeiro, Oroso.

    Comezaremos ao redor das 12:30 da mañá con pasarrúas pola vila, percorrendo os bares. Posteriormente tocaremos na procesión, e faremos un pequeniño concerto amenizando a sesión vermuth ata as 14:30h aproximadamente.

Esperámosvos a todos para disfrutar da boa música na compañía da Charanga BB+!!!

Un saúdo Charangueir@s!!!!!


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Parabéns Óscar!








Non nos esquecemos de felicitar a un dos compoñentes máis antigos desta charanga... 
Aos mandos do seu saxo temos a Óscar, xa se nos achega un pouco máis á maioría de idade.
Aínda que fai uns aniños ninguén o iba a dicir agora xa vemos como este pequeno artista é capaz de abraiarnos con cada unha das súas notas.
Confíamos en que vai seguir así, e agardamos que nos acompañe na Charanga moitos anos máis para poder disfrutar coa súa música.

Esperamos que os disfrutes moito e desexarche o mellor deste novo aniño.

Sen dúbida que este domingo, na nosa próxima actuación, terás unha canción adicada especialmente para ti.

jueves, 30 de agosto de 2012

Festa en Bascuas


   
     Como ben puidestes observar xa nas nosas redes sociais, este sábado día 1 de Setembro estaremos amenizando as festas na honra da Virxe da Guía en Bascuas, Vila de Cruces.
     Comezaremos co pasarúas por esta vila ao redor das 10:30 da mañá. Posteriormente tocaremos na procesión, para rematar facendo unha pequena sesión vermouth que rematará sobre as 15:00.
     Esperámosvos a todos e todas..non faltedes xa que...pode haber sorpresas por parte da Charanga BB+ e de todos os seus charangueiros!!



P.D.: falta xa moi pouco para que comece a funcionar a nosa nova páxina web, vai entrar na charanga un novo instrumento, estrenaremos nova imaxe...e moitas cousas máis! Non te perdas as nosas próximas actuacións.

Un saúdo charangueir@s.

miércoles, 1 de agosto de 2012

Festa do Pemento de Herbón

Como ben sabedes moitos, estivemos ausentes un tempiño por actuacións privadas que fixemos. Sen máis, informámosvos dunha nova festa á que poderedes acudir todos e todas, e na que esperamos que o pasedes en grande con nós.
Trátase, un ano máis, da festa do pemento de Herbón. A parte de degustar esta famosísima delicia, poderedes bailar ao ritmo da nosa Charanga.
A actuación levarase a cabo dende as 10 da mañá ata as 9 da noite deste sábado 4 de Xúño
Para darvos máis pistas de cómo se levará a cabo todo, podemos contarvos que o ano pasado entre as 10 e 13 horas, aproximadamente, fixemos un pasarúas pola fermosa vila de Herbón e arredores animando a todos os veciños e veciñas que se achegaron a onda nós. Posteriormente, pola tarde turnámonos con outra agrupación para facer pequenos concertos. Este ano, aínda non temos confirmado pero será algo moi parecido.
Esperámosvos a todos e a todas en Herbón este Sábado 4 de Xuño.
Un saúdo charangueir@s.

viernes, 6 de julio de 2012

Aviso

Charangueiros e charangueiras, como xa saberedes moitos de vós, esta agrupación tiña unha antiga páxina web que, actualmente, segue estando á vosa disposición. Aínda así, seguimos traballando para vós; e, por iso, estamos facendo unha nova páxina web onde poderedes atopar novos apartados feitos única e exclusivamente para todos vós.
Esta nova páxina levará as nosas cores, logos, música, vídeos, imaxes inéditas,... e, o que é máis importante, levará todo aquilo que nos propoñades. Así que, xa sabedes, animádevos a opinar e dar ideas...
Pronto veredes os resultados porque xa levamos semanas preparándoa...

Ademais, aprobeitamos esta nova entrada para ir avisando que xa temos varias actuacións para este verán. A próxima, se non hai cambios, será o venres 13, é dicir, para a semana que ven.
Un saúdo compañeir@s...;)