Historia

A Charanga BB+ naceu aproximadamente no ano 2009, a raíz dunha xuntanza entre amigos dos arredores do concello de Vedra.
A súa idea, nun principio, era entreter á xente en bares, desfiles de entroido,... aínda que, posteriormente, foron abarcando diversos eventos dende festas, bodas, comunións, os propios desfiles de entroido, comidas,... chegando a divertir ás persoas en calquera lugar que se nos poida pasar pola cabeza.
Son rapaces dispostos a facer rir e bailar tanto a nenos, coma adultos, e mesmo aos nosos avós, con cancións de toda a vida e ata as máis actuais.
Pouco a pouco, e con moito traballo, a Charanga vai collendo forma. Actualmente está composta por 8 músicos que ofrecen o que o público pida: diversión, festa, risas, baile,...
E, sen máis, propoñerlles que vaian a ver en directo á Charanga e que fagan dos seus festexos días inesquecibles....
Un saúdo