Como ben puidestes observar xa nas nosas redes sociais, este sábado día 1 de Setembro estaremos amenizando as festas na honra da Virxe da Guía en Bascuas, Vila de Cruces.
Comezaremos co pasarúas por esta vila ao redor das 10:30 da mañá. Posteriormente tocaremos na procesión, para rematar facendo unha pequena sesión vermouth que rematará sobre as 15:00.
Esperámosvos a todos e todas..non faltedes xa que...pode haber sorpresas por parte da Charanga BB+ e de todos os seus charangueiros!!
P.D.: falta xa moi pouco para que comece a funcionar a nosa nova páxina web, vai entrar na charanga un novo instrumento, estrenaremos nova imaxe...e moitas cousas máis! Non te perdas as nosas próximas actuacións.
Un saúdo charangueir@s.
