miércoles, 26 de septiembre de 2012

Festas en Nemenzo!!!!!

     Moi boas charangueir@s!!



 Este sábado día 29 estaremos amenizando as festas de Santa Cristina de Nemenzo, no Concello de Santiago de Compostela.

Comezaremos as 10:30 cun pasarrúas para posteriormente ofrecer unha sesión vermouth do máis animada ata, aproximadamente, as 14:00.


Esperámosvos a tod@s!




Informarvos tamén de que en moi poucos días estará dispoñible a nova páxina web da Charanga BB+. Poderédela visitar en http://www.charangabbmas.com/


Un saúdo

Charanga BB+

jueves, 13 de septiembre de 2012

Festas en Sigüeiro!!


                   Volvemos de festa en festa por Sigüeiro!!!



        Este domingo día 16 de Setembro, estaremos amenizando as festas na honra a Sta. Eufemia en Sigüeiro, Oroso.

    Comezaremos ao redor das 12:30 da mañá con pasarrúas pola vila, percorrendo os bares. Posteriormente tocaremos na procesión, e faremos un pequeniño concerto amenizando a sesión vermuth ata as 14:30h aproximadamente.

Esperámosvos a todos para disfrutar da boa música na compañía da Charanga BB+!!!

Un saúdo Charangueir@s!!!!!


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Parabéns Óscar!








Non nos esquecemos de felicitar a un dos compoñentes máis antigos desta charanga... 
Aos mandos do seu saxo temos a Óscar, xa se nos achega un pouco máis á maioría de idade.
Aínda que fai uns aniños ninguén o iba a dicir agora xa vemos como este pequeno artista é capaz de abraiarnos con cada unha das súas notas.
Confíamos en que vai seguir así, e agardamos que nos acompañe na Charanga moitos anos máis para poder disfrutar coa súa música.

Esperamos que os disfrutes moito e desexarche o mellor deste novo aniño.

Sen dúbida que este domingo, na nosa próxima actuación, terás unha canción adicada especialmente para ti.