jueves, 21 de junio de 2012

Santiago de Compostela

Por fallos técnicos e que non teñen nada que ver coa Charanga, vémonos obrigados a actualizar o blog a estas alturas, desculpade as molestias.
Como xa puidestes ver nas nosas redes sociais, actuaremos este sábado 23de Xuño na capital de Galicia; desta volta estaremos na rúa Algalia de Abaixo amenizando, como non podía ser doutro xeito, unha boa sardiñada nesta noite máxica do ano.
A actuación está para as 22:00 aínda que o pase forte da noite poderédelo escoitar a partir das 23:00. A esta hora prometemos facer desta rúa de Santiago, unha pista de baile, diversión, e momentos inesquecibles... 
Agardámosvos alí para acompañarnos e animar a noite ao ritmo da nosa música.

1 comentario:

  1. Da gana de ire a festa mover as caderas!! animarse e pasarse por ali que non costa nada!!!! jeje

    ResponderEliminar