Charangueiros e charangueiras, como xa saberedes moitos de vós, esta agrupación tiña unha antiga páxina web que, actualmente, segue estando á vosa disposición. Aínda así, seguimos traballando para vós; e, por iso, estamos facendo unha nova páxina web onde poderedes atopar novos apartados feitos única e exclusivamente para todos vós.
Esta nova páxina levará as nosas cores, logos, música, vídeos, imaxes inéditas,... e, o que é máis importante, levará todo aquilo que nos propoñades. Así que, xa sabedes, animádevos a opinar e dar ideas...
Pronto veredes os resultados porque xa levamos semanas preparándoa...
Ademais, aprobeitamos esta nova entrada para ir avisando que xa temos varias actuacións para este verán. A próxima, se non hai cambios, será o venres 13, é dicir, para a semana que ven.
Un saúdo compañeir@s...;)