Levamos unha grata sorpresa non fai moito cando atopamos nun blog dos máis concurridos, sobre todo no verán con tanta festa, unha pequena parte da nosa Charanga, aínda que actualmente xa somos máis compoñentes dos que aí aparecen. Agradecer con todo o noso cariño que estes compañeiros se acordaran de nós e, como non, felicitalos por ese magnífico blog que nos mantén ao tanto das nosas festas, orquestas, agrupacións musicais diversas,... Deixámosvos o link a continuación: http://orquestas5c.blogspot.com.es/
Por outra parte, ofrecémosvos tamén as fotos que nos quitaron os compañeiros do Correo Gallego a noite de San Xoán en Santiago de Compostela e, que podedes atopar tamén na versión dixital deste famoso periódico.














No hay comentarios:
Publicar un comentario