sábado, 15 de diciembre de 2012

Algo está pasando!!!!

A Charanga BB+  quere agradecerlle a familia Nodar Picón, e a comisión de festas de Santa Eulalia de Vigo, por contar con nos para amenizar o seu día de festa



Algo está pasando!! Estamos desenrolando un novo proxecto que en días sacaremos a luz e esperamos que sexa do voso agrado!!!


Agradecer a todas as persoas que día a día confían en nos para formar parte das suas festas, persoas que nos axudan e nos dan ánimos para seguir adiante.... moitas gracias!!



Un saúdo a tod@s

Charanga BB+

MAGIC TOUR 2013
Donde los sueños se hacen realidad..... Comienza el ESPECTACULO!!!!!


miércoles, 26 de septiembre de 2012

Festas en Nemenzo!!!!!

     Moi boas charangueir@s!!



 Este sábado día 29 estaremos amenizando as festas de Santa Cristina de Nemenzo, no Concello de Santiago de Compostela.

Comezaremos as 10:30 cun pasarrúas para posteriormente ofrecer unha sesión vermouth do máis animada ata, aproximadamente, as 14:00.


Esperámosvos a tod@s!




Informarvos tamén de que en moi poucos días estará dispoñible a nova páxina web da Charanga BB+. Poderédela visitar en http://www.charangabbmas.com/


Un saúdo

Charanga BB+

jueves, 13 de septiembre de 2012

Festas en Sigüeiro!!


                   Volvemos de festa en festa por Sigüeiro!!!



        Este domingo día 16 de Setembro, estaremos amenizando as festas na honra a Sta. Eufemia en Sigüeiro, Oroso.

    Comezaremos ao redor das 12:30 da mañá con pasarrúas pola vila, percorrendo os bares. Posteriormente tocaremos na procesión, e faremos un pequeniño concerto amenizando a sesión vermuth ata as 14:30h aproximadamente.

Esperámosvos a todos para disfrutar da boa música na compañía da Charanga BB+!!!

Un saúdo Charangueir@s!!!!!


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Parabéns Óscar!








Non nos esquecemos de felicitar a un dos compoñentes máis antigos desta charanga... 
Aos mandos do seu saxo temos a Óscar, xa se nos achega un pouco máis á maioría de idade.
Aínda que fai uns aniños ninguén o iba a dicir agora xa vemos como este pequeno artista é capaz de abraiarnos con cada unha das súas notas.
Confíamos en que vai seguir así, e agardamos que nos acompañe na Charanga moitos anos máis para poder disfrutar coa súa música.

Esperamos que os disfrutes moito e desexarche o mellor deste novo aniño.

Sen dúbida que este domingo, na nosa próxima actuación, terás unha canción adicada especialmente para ti.

jueves, 30 de agosto de 2012

Festa en Bascuas


   
     Como ben puidestes observar xa nas nosas redes sociais, este sábado día 1 de Setembro estaremos amenizando as festas na honra da Virxe da Guía en Bascuas, Vila de Cruces.
     Comezaremos co pasarúas por esta vila ao redor das 10:30 da mañá. Posteriormente tocaremos na procesión, para rematar facendo unha pequena sesión vermouth que rematará sobre as 15:00.
     Esperámosvos a todos e todas..non faltedes xa que...pode haber sorpresas por parte da Charanga BB+ e de todos os seus charangueiros!!



P.D.: falta xa moi pouco para que comece a funcionar a nosa nova páxina web, vai entrar na charanga un novo instrumento, estrenaremos nova imaxe...e moitas cousas máis! Non te perdas as nosas próximas actuacións.

Un saúdo charangueir@s.

miércoles, 1 de agosto de 2012

Festa do Pemento de Herbón

Como ben sabedes moitos, estivemos ausentes un tempiño por actuacións privadas que fixemos. Sen máis, informámosvos dunha nova festa á que poderedes acudir todos e todas, e na que esperamos que o pasedes en grande con nós.
Trátase, un ano máis, da festa do pemento de Herbón. A parte de degustar esta famosísima delicia, poderedes bailar ao ritmo da nosa Charanga.
A actuación levarase a cabo dende as 10 da mañá ata as 9 da noite deste sábado 4 de Xúño
Para darvos máis pistas de cómo se levará a cabo todo, podemos contarvos que o ano pasado entre as 10 e 13 horas, aproximadamente, fixemos un pasarúas pola fermosa vila de Herbón e arredores animando a todos os veciños e veciñas que se achegaron a onda nós. Posteriormente, pola tarde turnámonos con outra agrupación para facer pequenos concertos. Este ano, aínda non temos confirmado pero será algo moi parecido.
Esperámosvos a todos e a todas en Herbón este Sábado 4 de Xuño.
Un saúdo charangueir@s.

viernes, 6 de julio de 2012

Aviso

Charangueiros e charangueiras, como xa saberedes moitos de vós, esta agrupación tiña unha antiga páxina web que, actualmente, segue estando á vosa disposición. Aínda así, seguimos traballando para vós; e, por iso, estamos facendo unha nova páxina web onde poderedes atopar novos apartados feitos única e exclusivamente para todos vós.
Esta nova páxina levará as nosas cores, logos, música, vídeos, imaxes inéditas,... e, o que é máis importante, levará todo aquilo que nos propoñades. Así que, xa sabedes, animádevos a opinar e dar ideas...
Pronto veredes os resultados porque xa levamos semanas preparándoa...

Ademais, aprobeitamos esta nova entrada para ir avisando que xa temos varias actuacións para este verán. A próxima, se non hai cambios, será o venres 13, é dicir, para a semana que ven.
Un saúdo compañeir@s...;)

miércoles, 4 de julio de 2012

Parabéns Camanzo!





Parece que estamos de festa charangueir@s!!! 
Trátase de Camanzo, está de cumpleanos e desexámoslle un moi bo día, así como a mellor das sortes para este novo ano..
Imos pois a recordar algunha das súas actuacións con nós en imaxes...
Parabéns ao noso saxo tenor!
 Na nosa próxima actuación, como non podía ser doutro xeito adicarémoslle unha canción a este artista que xa nos vai un pouco vello...
E, mentras tanto, aquí lle queda un pequeno agasallo en forma de vídeo, facendo o que máis nos gusta facer...Unha aperta!




martes, 3 de julio de 2012

Novas...

Como non...tocaba actualizar un pouquiño esto para que non perdades o contacto con nós nunha semaniña que, en principio, non hai actuación prevista. Aínda que, para este mes de Xullo, xa temos algunha que outra preparándose no forno...
Levamos unha grata sorpresa non fai moito cando atopamos nun blog dos máis concurridos, sobre todo no verán con tanta festa, unha pequena parte da nosa Charanga, aínda que actualmente xa somos máis compoñentes dos que aí aparecen. Agradecer con todo o noso cariño que estes compañeiros se acordaran de nós e, como non, felicitalos por ese magnífico blog que nos mantén ao tanto das nosas festas, orquestas, agrupacións musicais diversas,... Deixámosvos o link a continuación: http://orquestas5c.blogspot.com.es/

Por outra parte, ofrecémosvos tamén as fotos que nos quitaron os compañeiros do Correo Gallego a noite de San Xoán en Santiago de Compostela e, que podedes atopar tamén na versión dixital deste famoso periódico.














domingo, 1 de julio de 2012

Importante...

Charangueir@s xa temos subidas novas fotos e vídeos ó blog e ás nosas redes sociais... Son os pertencentes ao día 26/06/2012 na Estrada. Como ben sabedes, estivemos pola mañá recorrendo parte dos bares e á tarde-noite centrámonos máis en vós, onde máis xente nos pedía que tocaramos, porque que sería esta Charanga sen vós?? absolutamente nada... Moitísimas gracias por todo o apoio recibido ese día, coma en tódalas actuacións e, sobre todo, gracias ó concello, comisión de festas e persoas implicadas na nosa contratación un ano máis. Deixámosvos con dous dos vídeos desa tarde-noite, nos que podedes ver algunhas das novidades para esta temporada de verán. Están en probas, así que aceptamos opinións!


Xa sabedes, esperámosvos en próximas actuacións...Iremos avisando.

Un saúdo

jueves, 28 de junio de 2012

Fotos e vídeos do 23/06/2012

Xa podedes atopar na nosa galería de imaxes e na páxina dos vídeos algunhas novidades que puidemos recoller o día 23/06/2012 na rúa Algalia de Abaixo, no concello de Santiago de Compostela.
A xente estaba animadísima con nós e agradecemos a festaza que se formou entre todos, foi inesquecible...Moitas gracias.
Para todos aqueles que non puidestes acompañarnos presentámosvos algunha das fotos, como poden ser as seguintes, nas que podedes observar como o estaba a pasar o público que alí nos acompañaba.
Pero isto non será todo, tamén podedes atopar vídeos nos que observades novidades en canto á posta en escena desta Charanga; neste caso, na canción do Bacalao empregaron algunha que outra sorpresiña, mirádeo e xa nos contades que vos parece...


Gracias a todos os que nos acompañastes e confiastes en nós para animar de novos as vosas festas, esperamos que o pasarades tan ben coma a Charanga.

Un saúdo

lunes, 25 de junio de 2012

A Estrada



Mañá, 25 de Xuño, estaremos convertindo as festas da Estrada nun día inesquecible para todos aqueles que nos acompañedes.
O noso horario será de 11:00 a 13:00, para comezar animándovos un pouquiño a mañá; e volveremos á tarde dende as 20:00 ata as 22:00 para rematar a tarde ao ritmo da nosa música.
Se aínda tes dúbidas de vir ou non, pénsao ben porque a Charanga BB+ prométeche un día para recordar, un día deses nos que ti eres o protagonista e no que rematarás bailando, teñas 2anos, 15, 45 ou mesmo 95...
Anímate e axúdanos neste día de festa na Estrada.
Esperámoste!!

domingo, 24 de junio de 2012

Noite máxica...



Como non podía ser doutro xeito, a noite máxica do ano celebrámola por todo o alto... A Charanga non defraudou e a xente que se xuntaba na Algalia de Abaixo tampouco.
En breve subiremos fotos e vídeos, aínda que podedes adiantarvos a todo isto entrando na noticia que saíu no Correo Gallego. Agradecemos que este importante periódico recoñecera a nosa labor; así como, tamén debemos agradecer con moitísimo cariño ao concello de Santiago por contar con nós outra vez máis nas súas festas.


A xente, ademais de catar sardiñas, empanada e chourizos, cantou e bailou coa charanga na Algalia da Abaixo FOTO: ECG

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/santiago-bailou-ao-son-do-lume-na-noite-mais-meiga/idEdicion-2012-06-24/idNoticia-753186/

jueves, 21 de junio de 2012

Santiago de Compostela

Por fallos técnicos e que non teñen nada que ver coa Charanga, vémonos obrigados a actualizar o blog a estas alturas, desculpade as molestias.
Como xa puidestes ver nas nosas redes sociais, actuaremos este sábado 23de Xuño na capital de Galicia; desta volta estaremos na rúa Algalia de Abaixo amenizando, como non podía ser doutro xeito, unha boa sardiñada nesta noite máxica do ano.
A actuación está para as 22:00 aínda que o pase forte da noite poderédelo escoitar a partir das 23:00. A esta hora prometemos facer desta rúa de Santiago, unha pista de baile, diversión, e momentos inesquecibles... 
Agardámosvos alí para acompañarnos e animar a noite ao ritmo da nosa música.

miércoles, 20 de junio de 2012

Nova incorporación

Como xa vos comentamos anteriormente, vaise incorporar á Charanga un novo compoñente; pero desta vez témosvos unha pequena sorpresa, non será un só músico, se non dous.
Xa sabiades que íamos ter un percusionista latino novo, pero aínda non saberedes a súa identidade. Neste caso estamos ante un saxo tenor, un magnífico músico que xa ven doutra moi coñecida Charanga, á que lle mandamos un cordial saúdo.
Camanzo...non non! seguimos tendo a nosa orixe en Vedra; pero si que lestes ben, trátase de Camanzo, este magnífico músico que nos vai apoiar no repertorio desta nova tempada.
Presentarase este sábado 23 de Xuño, na actuación programada para Santiago de Compostela (Algalia de Abaixo). Prometeunos non defraudar, así que xa sabedes, hai que ir a velo para meterlle as ganas de festa no corpo; aínda que cremos que xa ten dabondo...:)

Atoparedes xa incorporada a súa foto no apartado de compoñentes.
Esperámosvos amig@s...

Non dubidedes en seguir observando con atención o blog, xa que en breves comezaremos a adiantarvos como será a nova percusión latina e, por suposto, o músico que a vai tocar.
Un saúdo

lunes, 18 de junio de 2012

Novidades...

En breves presentarémosvos a un novo compoñente da charanga que nos apoiará cos seus ritmos latinos na percusión...iremos subindo fotos cando as teñamos preparadas...
Estaredes pensando que se nos vai David (Mougán), pero non! serán dous precusionistas que apoiarán ao resto dos compoñentes coa súa música.
Prometemos un compoñente de luxo para esta tempada forte de verán...

lunes, 11 de junio de 2012

Novo blog!

Aquí estamos..renovando blog, xa que o anterior estaba xa un pouco anticuado.
Tan só desexar que vos agrade, e que poidades asistir a algunha das nosas actuacións. Xa sabedes que dos vídeos á realidade sempre se cambia, esperamos que sexa para mellor.
Unha aperta

Os vosos amigos da Charanga BB+